O profesorado da Escola de Música , acaba de publicar baixo o sello de Amazon, un libro adicado a todo o alumnado da Escola de Música.
O Son dos Valores son un conxunto de relatos breves sobre a importancia da música en Ortigueira, e como os valores que se aprenden na escola de música poden ser aplicados na vida cotiá. As aventuras céntranse nun grupo de estudantes que descobren a súa paixón pola música e deciden estudar na ESMU ORTIGUEIRA. A través das súas experiencias na escola, aprenden non só habilidades musicais, senón tamén valores como o traballo en equipo, a perseveranza, a disciplina e a empatía.
Os relatos están ambientados na Escola de Música con personaxes imaxinarios, pero inspirados nas experiencias reais de estudantes e profesores. A música é unha linguaxe universal que pode unir ás persoas de diferentes culturas e antecedentes, e estas historias celebran esa diversidade cultural.
Editado e producido polo profesorado, será o agasallo que recibirá o alumnado que toque nas vindeiras actuacións de primavera.
O libro pódese atopar na plataforma, gratuitamente en versión kindle, e tamén en formato papel.