A ESMU Municipal de Ortigueira presenta estes obradoiros de Pandeireta, especialmente pensados para achegar a música tradicional galega a nenos e nenas, así como a persoas adultas do Concello de Ortigueira.
É unha oportunidade única para mergullarse nas nosas raíces culturais a través da música, nun ambiente próximo, desde cero e cun profesorado titulado.
As clases están organizadas desde nivel cero a avanzado:
Iniciación: Para nenos e nenas de 3 a 7 anos. As sesións serán os mércores de 16:00h a 17:00h.
Intermedio: A partir dos 8 anos. Os mércores de 17:00h a 18:00h.
Avanzado (todas as idades): Os mércores de 18h a 19h.
Adultos (todos os niveis): Os mércores de 18h a 19h.
A ESMU NAS PARROQUIAS
Tamén levaremos proximamente este programa ás parroquias de Ortigueira. Consulta os horarios nos Centros Sociais Municipais e participa nunha experiencia que une música e comunidade. Realiza a preinscripción ou pregúntanos, xa que abriremos a Escola de Música nos Centros Sociais dos que teñamos demanda.
Prazas limitadas! Anótate na Escola de Música ou a través da nosa páxina web e non perdas a ocasión de participar neste obradoiro que conecta música, tradición e diversión.
CONTIDOS
Canto tradicional
Descripción, mantemento e coidados do instrumento.
Posición das mans no instrumento.
Coñecemento dos ritmos básicos.
Características da escrita para pandereita. Exercicios básicos para pandereita.
Ritmo, tempo, velocidade, pulso.
Maneo, redoble, muiñeira, pasodoble, xota.
Interpretación dun repertorio de cancións sinxelas seguindo o ritmo e a melodía.
Técnica instrumental básica.
Práctica simultánea: canto e pandereita.
Ritmos tradicionais básicos: coñecemento e identificación.
Aprendizaxe de música de oído e Prácticas de escritura musical