Ortigueira Música

Ricardo M. Mouriño Freire

Ricardo M. Mouriño Freire

Natural de Ferrolterra é Titulado Superior en Instrumentos da Música Tradicional e Popular polo Conservatorio Superior de Música de Vigo así como Graduado Profesional en Gaita Galega e Frauta Travesera polo Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” de Ferrol.

Comeza a tocar a gaita, frauta e percusións á idade de 7 anos en diversas agrupacións coma “Cidade de Ferrol” ou “Terra de Trasancos” e os seus primeiros mestres foron Marcos García, Manuel García “Lolete”, César Concheiro e Fernando Dopico.

Tamén recibiu diferentes cursos e masterclass con Walter Auer (frautista solista da Orquesta Filarmónica de Viena) ou Julia Gállego como frautista e Paulo Gonzales, Pablo Carpintero ou Marcos Campos e Patrick Molard entre outros no eido da gaita.

O seu talento fíxose notorio dende que era moi pequeno, gañando o seu primeiro concurso de gaiteiros solistas con 9 anos. Entre os galardóns ou premios que posúe destacan varios primeiros premios como gaiteiro solista, así coma os Premios Extraordinarios “Fin de Ciclo” do Conservatorio de Ferrol, sendo tamén finalista en varias edicións do Concurso Internacional de Gaita “Constantino Bellón”, resultando elixido polo Ateneo Ferrolán para interpretar as pezas gañadoras do apartado de composición xunto á Orquesta Sinfónica do Conservatorio Superior da Coruña, tamén posúe varios Premios Galegos da Música “Martín Códax” ou o primeiro premio no Concurso “Runas” do “Festival do Mundo Celta de Ortigueira” co seu grupo “BÖJ” entre outros.

Desenvolve a súa actividade como músico profesional e produtor no ámbito da música tradicional e folk así como doutras músicas de raíz en diversos proxectos cunha ampla discografía e traxectoria artística.

Na docencia exerceu como mestre de gaita e tamén de frauta na Escola Municipal de Música de Foz, Cedeira ou no Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” de Ponteareas, entre outras aulas ou masterclass como en “Amics de la Gaita” en Valencia ou “Rubrifolkum” en Barcelona.

 

Ricardo é o profesor de Gaita da ESMU Municipal de Ortigueira.

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?