Ortigueira Música

Chega a 2ª Tempada do podcast “Ortigueira é Música”

A Escola de Música Municipal de Ortigueira presenta a segunda tempada do seu podcast Ortigueira é Música, unha proposta sonora que combina música en directo, narración, divulgación cultural e moita emoción. Os novos episodios estarán dispoñibles todos os xoves ás 19:00 h, desde o 8 de maio ata o 12 de xuño, en ortigueiramusica.com, Ivoox, Spotify ou Youtube.

Cada entrega está protagonizada por interpretacións do Coro e o Grupo Celta da Escola de Música, acompañadas por pequenas historias e explicacións que contextualizan as pezas escollidas. A tempada aposta pola diversidade emocional e estilística, con repertorio que vai dende himnos espirituais ata danzas tradicionais galegas e europeas.

📅 Calendario da 2ª tempada:

  • Episodio 8Amazing Grace (8 de maio)

  • Episodio 9Vals do Alén (15 de maio)

  • Episodio 10Rumba dos Mariñeiros (22 de maio)

  • Episodio 11Hallelujah (29 de maio)

  • Episodio 12Laurendinha (5 de xuño)

  • Episodio 13Alegre Polka (12 de xuño)

A través deste proxecto, a Escola de Música reafirma o seu compromiso coa dinamización cultural e coa difusión da música feita en Ortigueira. O podcast está pensado tanto para o público local como para amantes da música de todo o mundo, e supón unha ponte entre xeracións e tradicións.

Podes escoitar aquí a 1ª Tempada:

Comparte

Facebook
WhatsApp
Telegram
X
Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?