COMUNICADO URXENTE – Suspensión de clases na Escola de Música Municipal de Ortigueira
Informámoslles que, segundo o aviso remitido polo Centro de Coordinación Operativa (CECOPI) e pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, suspéndense todas as clases da Escola de Música Municipal de Ortigueira o martes 29 de abril, debido ás medidas adoptadas pola situación do apagamento xeral.
Esta medida afecta a todos os centros educativos de Galicia e inclúe tamén a suspensión do transporte escolar.
O mércores 30 de abril manteranse con normalidade todas as clases e obradoiros previstos.
Ademais, lembrámoslles que o venres 2 de maio non será día lectivo, por tratarse dun día de libre disposición do centro, coincidindo co calendario do CEIP de Ortigueira.
Ese día non haberá clases.
Agradecemos a súa comprensión e colaboración.
Ortigueira, 28 de abril de 2025