O alumnado da ESMU Municipal de Ortigueira pode solicitar unha titoría co seu profesor correspondente con 48 horas de antelación.
As solicitudes poden realizarse das seguintes formas:
Chamando ao teléfono da ESMU Municipal de Ortigueira: 981 40 24 32, ou a través do whatsapp (círculo verde a túa esquerda)
Enviando un correo electrónico a: escolademusica@concellodeortigueira.com
Presencialmente, falando co Director da Escola de Música
Agradecemos a vosa colaboración e esperamos poder axudarvos do mellor xeito posible.