Estimados usuarios da Escola de Música:
Ante a normativa referente as ESMU publicadas no DOG de onte, ante a información dende o Concello de poder retomar as clases o vindeiro luns e despois de reunirse o Claustro de Profesores/as da EMCO, tomaremos as seguintes accións dende o LUNS 1 MARZO.
Linguaxe Musical: Retómanse as Clases presenciais no mesmo horario.
Música e Movemento: Retómanse as Clases presenciais no mesmo horario. Nos venres, farase un Obradoiro de Pandeireta e pequena percusión. Necesario traer a pandeireta.
Piano: Retómanse as Clases presenciais no mesmo horario.
Percusión: Retómanse as Clases presenciais no mesmo horario.
Vento-Madeira: Según a normativa actual, as clases teñen que ser polo momento online. Debido a compaxinar as clases presenciais de linguaxe coas de instrumento, estas poden ter cambios para facilita-la mesma. A profesora contactará con cada alumn@ para concretar o horario definitivo da súa clase online de instrumento.
Vento-Metal: Según a normativa actual, as clases teñen que ser polo momento online. Debido a compaxinar as clases presenciais de linguaxe coas de instrumento, estas poden ter cambios para facilita-la mesma. O profesor contactará con cada alumn@ para concretar o horario definitivo da súa clase online de instrumento.
Canto/Voz: Según a normativa actual, as clases teñen que ser polo momento online. Debido a compaxinar as clases presenciais de linguaxe coas de instrumento, estas poden ter cambios para facilita-la mesma. O profesor contactará con cada alumn@ para concretar o horario definitivo da súa clase online de instrumento.
Gaita: As clases continuarían online, pero neste intre o profesor está de Baixa. Non temos substituto. Avisarémosvos cando se reincorpore.
Guitarra: Como ben sabedes, levamos dende comezos de curso sen profesor/a. Non podemos ofrecer maior información de se haberá unha incorporación neste curso.
Combo/Coro/Grupos de Acordeóns e Gaita: Ata que as clases de vento e canto volvan a ser presenciais non haberá as clases de conxunto. Quedan interrompidas polo momento.
Taxa Municipal da Emco: A todos os usuarios que non teñan clase presencial de instrumento/canto non se lles pasará o recibo mensual de estudos na escola, ata que estea regulado o servizo de clases online na ordenanza municipal.
Como sempre, quedamos a vosa disposición:
Asdo. Claustro de Profesores/as da Escola de Música Concello de Ortigueira
