O Diario de Ferrol faise eco do noso concerto da “Divina Comedia” do próximo 20 de decembro, no curso que soplamos as 25 velas da ESMU Municipal de Ortigueira.
Podes leer o artigo completo aquí:

O Diario de Ferrol faise eco do noso concerto da “Divina Comedia” do próximo 20 de decembro, no curso que soplamos as 25 velas da ESMU Municipal de Ortigueira.
Podes leer o artigo completo aquí:

Este curso escolar, a Escola de Música Municipal de Ortigueira celebra con orgullo 25 anos de traxectoria, sendo un referente musical e cultural no noso concello. Para conmemorar esta especial ocasión, a ESMU convida a todas as persoas que, dalgún xeito, formaron parte da súa historia a integrarse nas súas agrupacións e compartir a emoción da música nunha serie de concertos únicos.
A Banda de Música da ESMU Ortigueira fai un chamamento a todos os músicos –exalumnos, amigos, instrumentistas de vento madeira, metal e percusión– a unirse aos novos talentos da Banda da ESMU. Xuntos, renderán homenaxe a estes anos de aprendizaxe, música e comunidade, actuando en concertos especiais ao longo do curso académico.
O próximo concerto, que terá lugar o día 20 de decembro na Igrexa de Ortigueira, estará inspirado na Divina Comedia de Dante, unha experiencia musical que promete ser inesquecible. A dirección da banda corre a cargo de Carlos Diéguez, quen conta co apoio didáctico dos profesores Vicente Rey e Alejandro Vázquez.
Se queres revivir vellos tempos, volver facer soar o teu instrumento e unirte a esta celebración, non dubides en poñerte en contacto connosco por correo electrónico (escolademusica@concellodeortigueira.com) ou chamando ao teléfono: 633-763-890, para recibir toda a información necesaria sobre os ensaios, horarios e partituras para o concerto.
Anímate a formar parte desta gran celebración musical!

“Ortigueira é Música”: O Podcast Semanal da Escola de Música de Ortigueira
A Escola de Música Municipal de Ortigueira presenta o seu novo programa “Ortigueira é Música”, un podcast semanal onde compartimos a nosa paixón pola música tradicional e celta. Cada episodio lévanos nunha viaxe musical, explorando obras emblemáticas e a historia detrás delas. Poderás escoitar o noso programa en liña na web ortigueiramusica.com, así como en Spotify e Ivoox.
Aquí tes as datas e os contidos de cada episodio desta primeira tempada:
Contido: Enrique García Rey
No primeiro episodio, descubrimos a historia de Enrique García Rey e escoitamos o himno “Ortigueira” nunha versión especial.
Contido: Danza do Oso
Unha peza cunha longa historia, “Danza do Oso” leváranos polos camiños das antigas danzas celtas e a súa viaxe ata Galicia.
Contido: Quen puidera namorala
Exploramos a historia desta fermosa composición e a figura do poeta Álvaro Cunqueiro, cuxa poesía inspirou a música de toda unha xeración.
Contido: María Soliña
Este episodio afonda na historia de María Soliña, a meiga de Cangas, e o que simboliza na nosa cultura.
Contido: Polka para Erika
Unha peza enérxica e festiva, onde descubriremos a súa orixe e como se converteu nunha parte importante do repertorio do Grupo Celta da Escola de Música.
Contido: Danny Boy
A coñecida melodía irlandesa que emocionou a millóns de persoas. Falaremos da súa historia e significado.
Contido: Ortigueira, Miña Terra
Para pechar a primeira tempada, dedicamos o programa a todos os músicos de Ortigueira no Día de Santa Cecilia, coa versión celta do himno “Ortigueira”.
Os episodios de “Ortigueira é Música” están dispoñibles na nosa web ortigueiramusica.com, en Spotify e Ivoox. Non te perdas a oportunidade de descubrir e celebrar a música da nosa terra!
Lembra: Cada mércores, un novo episodio agarda por ti. Únete a nós nesta aventura musical!
A Escola de Música Municipal de Ortigueira inaugura o Curso 2024-25 celebrando o seu 25º aniversario
A Escola de Música Municipal de Ortigueira (ESMU) dá comezo ao seu curso 2024-25, un período especialmente significativo ao cumprir 25 anos desde a súa fundación. Para conmemorar este aniversario, ao longo deste ciclo académico organizaranse diversas actividades conmemorativas, concertos e a implementación dun novo modelo educativo. Esta nova aposta ten como obxectivo principal achegar a música a toda a cidadanía, levando a ESMU de Ortigueira a todas as parroquias mediante obradoiros nos centros sociais e audicións nas parroquias. Toda a información sobre estas actividades será anunciada puntualmente.
Debido ao incremento dun 78,48% nas solicitudes de inscrición para os cursos e actividades da escola, o centro volve abrir unhas Xornadas de Portas Abertas. Estas terán lugar o xoves 19 e venres 20 de setembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, nas instalacións da escola de música. Durante estas xornadas, os asistentes poderán coñecer o director e parte do profesorado, probar instrumentos e resolver calquera dúbida sobre o curso escolar.
O martes 24 de setembro, celebrarase a presentación do novo obradoiro de “Música e Movemento” de 16h a 16:30 horas.
Posteriormente, terá lugar a elección de horario para as diferentes especialidades:
Vento-Metal ás 18:30h
Percusión ás 19h
Piano ás 19:30h
O mércores 25 de setembro comezarán as clases nas materias teóricas para todo o alumnado, así como nas especialidades de Piano, Percusión e Vento-Metal. As datas de inicio das clases nas restantes especialidades instrumentais (guitarra, vento madeira, canto, gaita…) anunciaranse ó seu debido tempo.
Para culminar este trimestre, as agrupacións da Escola —a Banda, o Coro e o Combo— ofrecerán un concerto o 20 de decembro na Igrexa Parroquial de Santa Marta. Este evento, titulado “A Divina Comedia”, estará inspirado na obra homónima de Dante.
Para máis información, poden visitar a web oficial da escola en ortigueiramusica.com, ou contactar a través dos teléfonos de contacto (móbil e fixo) ou do correo electrónico.
Unha excelente oportunidade para coñecer de preto ou resolver dúbedas é acudir ás xornadas de portas abertas.

Estamos encantados de darvos a benvida ao novo portal da Escola de Música Municipal de Ortigueira. Este espazo foi deseñado para ofrecer toda a información que precisades sobre a nosa escola, así como para facilitar o acceso aos servizos e recursos que ofrecemos a toda a comunidade educativa. A continuación, presentamos as seccións principais que atoparedes na nosa web:
INICIO: A nosa páxina principal, onde poderás acceder rapidamente ás últimas novidades, eventos e información destacada sobre a escola.
A ESCOLA: Aquí atoparedes toda a información xeral sobre a nosa escola, incluíndo a nosa historia, misión e visión, así como o plan de estudos detallado e as programacións académicas. Esta sección tamén inclúe información sobre as actividades extracurriculares e as oportunidades de participación que ofrecemos ao noso alumnado.
ALUMNADO: Un espazo adicado ao noso alumnado, onde poderán acceder á súa aula virtual para consultar materiais de estudo, seguir as súas clases e revisar os seus horarios. Este apartado é esencial para a xestión diaria da súa aprendizaxe.
SECRETARÍA: Nesta sección poderedes atopar toda a información relacionada coa matrícula, así como a documentación necesaria para formalizar a inscrición e outros trámites administrativos. Facilitarase o acceso a formularios e instruccións claras para simplificar o proceso.
NOVAS: Manterémosvos informados sobre todo o que acontece na Escola de Música a través desta sección, onde publicaremos as últimas novas, anuncios e eventos relevantes para a nosa comunidade.
A LIRA (Revista Dixital): Estamos orgullosos de presentar “A Lira”, a nosa revista dixital, onde compartimos artigos, entrevistas e reportaxes relacionados coa música, a cultura e a vida na nosa escola. É un espazo de expresión e de reflexión, aberto a toda a comunidade educativa.
CONTACTO: Se precisades poñervos en contacto connosco, podedes facelo a través de email, teléfono ou whatsapp.
Lembrade que o noso antigo blog en https://esmuortigueira.wordpress.com/ seguirá operativo, pero unicamente como memoria das actividades realizadas na ESMU nos últimos anos. A partir de setembro de 2024, toda a nova información será publicada exclusivamente nesta nova web.
Esperamos que disfrutedes navegando pola nosa nova web e que atopedes toda a información que precisades. Agradecémosvos a vosa confianza e compromiso coa Escola de Música Municipal de Ortigueira. ¡Benvidos e boa música!
El pasado sábado 20 de julio (2024), Yecla se llenó de música y celebración con el Encuentro de Bandas Escuela, organizado en conmemoración del 50º aniversario de la Asociación de Amigos de la Música de Yecla (AAMY). El evento reunió a músicos y asistentes de Beniaján y Jumilla, destacando la participación de sus dos bandas escuela.
El encuentro comenzó a las 10:00 horas con la recepción de los asistentes. A las 10:30, los acompañantes disfrutaron de una visita guiada organizada por la Oficina de Turismo de Yecla, que incluyó el Museo Arqueológico “Cayetano de Mergelina” y la Bodega Antonio Candela. Mientras tanto, los miembros de las bandas escuela participaron en clases magistrales en la Escuela de Música de Yecla.
Tras las master class, los participantes compartieron una comida de hermandad preparada por la Cafetería de la Escuela, seguida de una sesión de tardeo light con el DJ Lurios, proporcionando un ambiente festivo y de camaradería.

El evento culminó con un concierto a las 20:00 horas en la Plaza Mayor de Yecla. La Agrupación Musical de Beniaján, dirigida por David Arce, y la Asociación Jumillana Amigos de la Música de Jumilla, bajo la dirección de Jesús Pereñíguez, ofrecieron sua actuaciones, evaluadas por el jurado. La banda escuela anfitriona, dirigida por Ángel Hernández, cerró el concierto con una presentación fuera de concurso.

El domingo, durante el concierto “50 años de Música” interpretado por la Banda Sinfónica de la AAMY, se anunciaron los ganadores del encuentro. La Agrupación Musical de Beniaján y la Asociación Jumillana Amigos de la Música de Jumilla obtuvieron ambas una Distinción de Oro con 132 puntos. Cada banda recibió un Clarinete Backun Alpha y material didáctico donado por la empresa Iberpiano.
El jurado estuvo compuesto por reconocidos profesionales de la música: Carlos Diéguez, Emilio González, Óscar Musso y David Abellán.