Saltar ao contido principal

Ortigueira Música

61 prazas de Obradoiros concedidas na ESMU

Inicio dos Obradoiros da Escola de Música Municipal de Ortigueira (Curso 26-27)

A Escola de Música Municipal de Ortigueira informa do inicio das actividades dos obradoiros para o curso 2026-2027 a partir de mañá, venres 2 de outubro.

Nesta primeira convocatoria cubríronse un total de 61 prazas, garantindo que todas as persoas que presentaron solicitude obtiveran praza polo menos nun dos obradoiros solicitados. Lembramos que esta publicación corresponde a unha primeira tanda de obradoiros.

A continuación pódense consultar as listaxes completas de alumnado admitido.


LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO NOS OBRADOIROS (1ª TANDA) CURSO 2026-2027

Consideracións: Aprobáronse a totalidade das solicitudes de inscrición (persoas), cun total de 61 matrículas. No caso dos obradoiros 6 e 7, para garantir que todas as persoas solicitantes tivesen praza e ante peticións para ambos os dous, concedeuse a asistencia a un deles. Para iso aplicáronse criterios de preferencia indicados polas propias persoas interesadas, o nivel (inicial ou intermedio) e a orde de rexistro.

MÚSICA E MOVEMENTO (Obradoiros 1, 2 e 3)

Martes e Venres:

  • 1 – Enya R. C.
  • 1 – Erea L. F.
  • 1 – Manuel P. F.
  • 1 – Zen v. d. D.

Martes:

  • 2 – Fiz S. S.
  • 2 – Johann H.
  • 2 – Maia M. B.
  • 2 – Martiña B. P.
  • 2 – Martiño P. L.
  • 2 – Vera V. I.
  • 2 – Xiyue L.

Venres:

  • 3 – Aroa R. P.
  • 3 – Cristóbal Jesús Q. D.
  • 3 – Ramón G. V.
  • 3 – Tristán L. C.

PANDEIRETA INFANTIL (Obradoiro 4)

  • Atenea B. D.
  • Carla P. F.
  • Enya R. C.
  • Miriam R. P.
  • Oriana R. C.
  • Thalía A. B.

TAMBOR INFANTIL (Obradoiro 5)

  • Atenea B. D.
  • Brais Y. C.
  • Carla P. F.
  • Erea L. F.
  • Laura P. P.
  • Maia M. B.
  • Martina P. L.
  • Miriam R. P.
  • Thalía A. B.
  • Vera V. I.
  • Zen v. d. D.

PANDEIRETA +11 anos (Obradoiro 6)

  • Amanda P. F.
  • Beatriz F. M.
  • Evangelina F. M.
  • Lidia D. R.
  • M.ª Dolores P. R.
  • M.ª Jesús D. P. (*pendente trámite)
  • M.ª Purificación P. d. C.
  • María Dolores V. B.
  • María Jesús R. R.
  • María Remedios S. L.
  • Patricia H. G.
  • Patricia O. P.
  • Benigna Amelia P. O.
  • Rosa M.ª D. M.
  • Sandra L. C.

CONXUNTO TRADICIONAL (Obradoiro 7)

  • Eugenia Beatriz D. C.
  • Iria D. R.
  • Jose Antonio M. S.
  • Jose Juan P. V.
  • Lucía Margarita F. G.
  • M.ª Amparo D. C. B.
  • M.ª Carmen V. D.
  • M.ª Elisa F. S.
  • M.ª Fernanda B. M.
  • Noelia L. P.
  • Rebeca P. C.
  • Sara C. R.
  • Sheyla María C. M.
  • Vanesa B. F.

OBRADOIROS CURSO 2026-2027 (1ª quenda xa aberta)

Apertura do prazo de matrícula para os Obradoiros da Escola de Música Municipal de Ortigueira (Curso 2026-2027) A Escola de Música Municipal de Ortigueira (ESMU) abre o prazo de inscrición para os obradoiros musicais dirixidos a nenos, nenas e adultos para o vindeiro curso 2026-2027. Información clave sobre a matrícula:

  • Prazo de inscrición: Do 15 ao 30 de setembro.
  • Inicio das actividades: 1 de outubro.
  • Prazas: Limitadas, adxudicadas por rigorosa orde de inscrición. Tense preferencia se só te matriculas nun obradoiro.
  • Requisito de grupo: Necesítase un mínimo de 4 persoas inscritas por obradoiro para que se poida impartir.
  • Inscricións: Na sede electrónica do Concello de Ortigueira ou na oficina do Rexistro Municipal presentando o formulario de solicitude.

Oferta de obradoiros e horarios:Música e Movemento (De 3 a 6 anos)

  • Opcións: 1 día á semana (martes ou venres) ou 2 días á semana (martes e venres).
  • Horario: De 16:00 a 17:00 h.
  • Lugar: Aula 1.
  • Prazas: 18 prazas.
  • Profesorado: Alejandro Vázquez (Director: Carlos Diéguez).

Obradoiros Tradicionais (Impartidos por Ricardo Mouriño na Aula 7):Martes:

  • Pandeireta (+11 anos): De 18:00 a 19:00 h. (16 prazas)

Mércores:

  • Pandeireta Infantil (De 5 a 11 anos): De 16:00 a 17:00 h. (16 prazas)
  • Tamboril Infantil (De 5 a 11 anos): De 17:00 a 18:00 h. (12 prazas)
  • Conxunto Tradicional (+11 anos – Percusión tradicional e gaita, nivel intermedio): De 19:30 a 20:30 h. (12 prazas)

Documentación e tarifas:

  • As persoas xubiladas ou pensionistas deben adxuntar a documentación acreditativa para beneficiarse da tarifa reducida.
  • É necesario achegar copia do DNI, os datos bancarios (copia do CCC) e formalizar a autorización para o uso de imaxe no caso de actividades do centro.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: IMPRESO DE MATRICULA ESMU ORTIGUEIRA (Obradoiros 2026-2027)

Máis información e formularios en www.ortigueiramusica.com.

Concertos de Verán 2026

A Escola de Música Municipal de Ortigueira leva a música a prazas, praias e espazos emblemáticos co seu novo Ciclo de Concertos de Verán

Cinco concertos gratuítos durante o mes de xullo achegarán a música en directo a distintos puntos do municipio, nunha proposta que combina cultura, participación cidadá e promoción do territorio.

A Escola de Música Municipal de Ortigueira, a través da Concellería de Educación, Cultura e Saúde do Concello de Ortigueira, presenta o seu Ciclo de Concertos de Verán, unha iniciativa que levará a música a diferentes espazos emblemáticos do concello durante o mes de xullo.

O ciclo estará protagonizado polo profesorado da Escola de Música Municipal, que ofrecerá un repertorio variado pensado para todos os públicos, combinando bandas sonoras, música galega, boleros, clásicos contemporáneos e latin jazz, nun formato próximo e participativo.

Baixo o lema “Música – Territorio – Comunidade”  Vive o verán en Ortigueira!, esta programación busca converter a música nun punto de encontro entre veciñanza e visitantes, levando a actividade cultural máis aló das aulas e achegándoa a bibliotecas, prazas, parques e espazos singulares do municipio.

Programa

  • 14 de xullo | 12:30 h
    Concerto na Biblioteca
    Biblioteca Municipal de Ortigueira.

  • 16 de xullo | 20:00 h
    Serán Musical
    Praza da Praia de San Antón (Espasante).

  • 17 de xullo | 20:00 h
    Música e Tradición
    Centro Social de Senra.
    Concerto participativo no que o público poderá acompañar algunhas pezas coa súa pandeireta.

  • 21 de xullo | 13:00 h
    Sesión Vermú
    Xardíns de Julio Dávila (Ortigueira).

  • 23 de xullo | 20:00 h
    Serán Musical
    O Picón (Loiba).

Son concertos participativos, nos que o público poderá cantar ou sumarse ao conxunto coa súa pandeireta, convertendo a experiencia nun encontro musical aberto e compartido.

Con esta iniciativa, a Escola de Música Municipal pretende dar a coñecer o seu labor educativo, achegar a música ás rúas e poñer en valor os espazos máis representativos do concello, demostrando que a música pode ser unha ferramenta de convivencia, dinamización cultural e promoción do territorio.

Todos os concertos son de acceso libre e gratuíto.

O Ciclo de Concertos de Verán está organizado pola Concellería de Educación, Cultura e Saúde do Concello de Ortigueira, a través da Escola de Música Municipal de Ortigueira, coa colaboración da Deputación da Coruña (Programa FO207 – Escolas de Música) e da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Solicitude Prematrícula curso 2026/2027

🗓 Prazo: do 1 de xuño ao 15 de xullo de 2026

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULAS

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, na sede electrónica do Concello de Ortigueira ou en calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39. /15. do 1 de outubro, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Debe de presentar o Impreso de Matrícula como a Instancia (Solicitude) cuberta xunto cos datos que se requiran en cada unha delas.

.

INSTANCIAS

Instancia Xeral (Solicitude)

REXISTRO ELECTRÓNICO (CLICK AQUI)

 

Este formulario de prematrícula está dirixido exclusivamente a:

  • Novo alumnado que desexe incorporarse á Escola de Música (a partir de 7 anos cumpridos no 2026)
  • Alumnado xa matriculado que desexe cambiar de instrumento ou engadir unha nova especialidade instrumental.

 

❌ NON deben cubrir esta solicitude:

  • Alumnado que cursou estudos na Escola no presente curso e continúa co mesmo instrumento.
  • Alumnado de obradoiros e que se queren matricular en Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais (abrirase a matrícula en setembro).

📨 A solicitude deberá presentarse:

  • A través do rexistro xeral do Concello de Ortigueira ou
  • Mediante o rexistro electrónico da Sede Electrónica (https://sede.concellodeortigueira.gal).

⚠️ A presentación da solicitude non implica automaticamente a obtención de praza.

 

🎓 Todos os alumnos e alumnas con praza este curso teñen garantida a súa continuidade para o curso 2026/27, sen necesidade de realizar prematrícula, sempre que formalicen a matrícula definitiva entre o 1 e o 9 de setembro de 2026.

 

📞 Durante a primeira semana de setembro, a Escola Municipal de Música contactará con todas as persoas solicitantes para confirmar se dispoñen de praza e indicar os pasos para formalizar a matrícula.

📋 A adxudicación de prazas realizarase segundo os criterios establecidos no Regulamento de Organización e Réxime Interno da Escola.