Skip to main content

Ortigueira Música

Con Outra Voz (Entrevista e actualidade sobre a ESMU)

con outra voz. radio voz

📻 Este domingo, a Escola de Música Municipal de Ortigueira en Radio Voz

Este domingo, de 13:15h a 14:00h, a Escola de Música Municipal de Ortigueira será protagonista no programa Con Outra Voz de Radio Voz.

Falaremos da nosa historia, das agrupacións que forman parte da escola, das novidades do curso e do camiño cara ao 25º aniversario, que celebraremos en 2025 con múltiples proxectos culturais e musicais para toda a veciñanza.

👉 Podes sintonizarnos en todas as frecuencias de Radio Voz en Galicia:
Programa en directo

👉 E ao día seguinte, dispoñible tamén en formato podcast:
Arquivo de Con Outra Voz

Unha oportunidade única para coñecer máis de preto a escola, que dende hai máis de dúas décadas é referente musical e educativo en Ortigueira e en toda a comarca.

Con Outra Voz, o gran magazine de fin de semana de Radio Voz, conducido por Félix Jorquera.

Actualidade, cultura, música, literatura, cine, gastronomía, asociacionismo… Todo o que acontece en Galicia, contado en clave galega, para achegarche propostas de lecer, actividades e a voz dos seus protagonistas.

Matrícula Curso 2025-2026

A través desta páxina podes coñecer e descargar impresos ou información sobre a Escola de Música.

🗓 PRAZO ORDINARIO DE MATRÍCULA: do 1 ao 10 de setembro de 2025

Este proceso está dirixido a:
✅ Alumnado que cursou estudos no curso 2024/2025.
✅ Alumnado novo con prematrícula e praza confirmada.
✅ Alumnado novo sen prematrícula: será atendido por orde de entrada, unha vez adxudicadas as prazas dispoñibles.

⚠️ É obrigatorio matricularse neste prazo para manter a praza. Se non se formaliza entre o 1 e o 10 de setembro, pérdese o dereito á praza gardada.

A formalización e envío do impreso de solicitude non garantiza a praza. Farase segundo os criterios establecidos no regulamento da escola.

Cómo podo matricularme?

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, na sede electrónica do Concello de Ortigueira ou en calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39. /15. do 1 de outubro, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Debe de presentar o Impreso de Matrícula  así como a Instancia (Solicitude xeral) cuberta xunto cos datos que se requiran en cada unha delas.

 

REXISTRO ELECTRÓNICO (CLICK AQUI)

🎯 ELECCIÓN DE HORARIOS

Os horarios das Clases Colectivas de Linguaxe Musical, Conxunto (Banda) ou Coro serán os mesmos que no anterior curso. Podes consultalos aquí: https://ortigueiramusica.com/horarios/

REUNIÓN-ELECCIÓN dos horarios das Clases Individuais de Instrumento e Canto

Antes desa data o director e profesorado contactará cas persoas inscritas para confirmar a praza.

XOVES 11 SETEMBRO

18h | GAITA

18:30 |  VENTO-METAL

19h. | PERCUSIÓN

19:45 |  GUITARRA (Corda)

VENRES 12 SETEMBRO

19h | PIANO

20h | CANTO (Voz) e VENTO-MADEIRA

(*) Os criterios de adxudicación das prazas así como da elección de horarios podense leer en: https://ortigueiramusica.com/capitulo-iii-procedementos/ 

📆 INICIO DAS CLASES:

🎻 Clases individuais: a partir do 15 de setembro
🎶 Linguaxe musical e conxuntos: a partir do 22 de setembro

📚 OBRADOIROS e MÚSICA E MOVEMENTO:

📅 Matrícula: do 15 ao 30 de setembro
📅 Comezo: 1 de outubro
🎪 Xornadas de portas abertas na segunda quincena de setembro.

Música e Movemento conserva os horarios do pasado curso (martes e venres ás 16h).

❌ NON deben cubrir esta matrícula os participantes só en obradoiros (música e movemento, pandeireta, tambor, cantareiras…).

📨 CONTACTO E DÚBIDAS: https://ortigueiramusica.com/contacto/

Fin de Curso: Datas e Calendario na ESMU Ortigueira

REMATE DAS CLASES NA ESCOLA DE MÚSICA: 

As Clases indiviudais de instrumento e Linguaxe musical rematan o venres 20 de xuño.

REMATE DAS CLASES NOS OBRADOIROS DE MÚSICA TRADICIONAL: 

Rematan o 27 de xuño, xunto o Festival Fin de Curso da ESMU. No caso do alumnado de Diana Samprón (alumnado dos centros sociais de Senra/Loiba) programarase no mes de xullo unha actuación nesas sedes)

PLANNING DE ENSAIOS ÚLTIMA SEMAMA CURSO

(Alumnado que actúa no Concerto do día 27 de xuño)

LUNS 23 XUÑO

 16h a 17h | Coro Adultos en Aula 3

MARTES 24 XUÑO

16h a 16:45 – Música e Movemento | Con colaboración das rapazas ca voz (clase de canto/linguaxe)

16:30h a 17:30 – Conxunto de Guitarras

16:45 a 17:45 – Mostra de Instrumentos para alumnado matriculado en Música e Movemento que cumpre 7 anos no 2025  e elixe instrumento.

18h a 19:30 – COMBO

18:30 a 19:30 – Coro Infantil / Xuvenil

19h a 20h – Coro de adultos

MÉRCORES 25 XUÑO

En Escola (Diana): 16h a 17:30 Grupo de Percusión   |   17:30 a 18:45 Pandereta Avanzado

En Teatro (Ricardo):  Ensaio xeral de 19h a 20h. (entrada porta traseira do teatro)

XOVES 26 XUÑO

16:30h a 17:30 – Conxunto de Guitarras (Aula 3)

16:30h a 17:30 – Grupo de Percusión (Aula 7)

18h a 19:30 – COMBO

18:30 a 19:30 – Coro Infantil / Xuvenil

19h a 20h – Coro de adultos

VENRES 27 – CONCERTO AS 19H

Entrada por porta traseira:

17:45 a 18:15 | Ensaio-proba de Lela (Combo e coros)

18:15 a 18:45 | Proba e colocación alumnado de Ricardo

18:45 abrese as portas para todo o público.

19h | Concerto: duración prevista 2h. 15 min. (Fin +- 21:10h)

Roupa para o Concerto:

Música e Movemento (Libre)

Alumnado de Ricardo (Obradoiro e Gaita) : de Negro e pañuelo optativo (tradicional)

Combo: Libre, pero preferible camisetas dunha cor sola.

Coro de Adultos: De negro

Percusión, Guitarra e Coro Infantil/Xuvenil: Libre

 

CALENDARIO (Prematrícula, Matrícula e Inicio de novo Curso)

 

 

Alegre Polka

Ortigueira é Música – 2ª Tempada
Continúa a viaxe musical da Escola de Música Municipal de Ortigueira! Nesta nova tempada, cada xoves ás 19:00 horas traémosche historias, emocións e sons únicos da nosa terra. Coas voces do Coro, o Grupo Celta e outras agrupacións da escola, celebramos a cultura musical galega e universal.
📍 Dispoñible en ortigueiramusica.com, Spotify e Ivoox.
🎧 Episodios: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2025.

🎧 EP. 13 – Alegre Polka

Rematamos a tempada cunha explosión de enerxía e ledicia: Alegre Polka. Esta danza de orixe centroeuropea chegou a Galicia hai moitas décadas e foi adaptada á nosa tradición musical, mantendo o seu carácter brincador e festivo. O Grupo Celta da Escola interpreta esta versión con entusiasmo, facendo bailar os pés e sorrir o espírito. Un peche perfecto para unha tempada chea de emoción, cultura e música feita en Ortigueira.

Hallelujah

Ortigueira é Música – 2ª Tempada
Continúa a viaxe musical da Escola de Música Municipal de Ortigueira! Nesta nova tempada, cada xoves ás 19:00 horas traémosche historias, emocións e sons únicos da nosa terra. Coas voces do Coro, o Grupo Celta e outras agrupacións da escola, celebramos a cultura musical galega e universal.
📍 Dispoñible en ortigueiramusica.com, Spotify e Ivoox.
🎧 Episodios: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2025.

🎧 EP. 11 – Hallelujah

Leonard Cohen escribiu Hallelujah en 1984 e dende entón converteuse nun himno emocional versionado por centos de artistas. O Coro da Escola ofrece unha interpretación coral que destaca pola súa delicadeza, equilibrio harmónico e intensidade expresiva. Neste episodio reflexionamos sobre o significado profundo desta canción: espiritualidade, amor, perda e redención, todo condensado nun só “aleluia” que resoa dende Ortigueira para o mundo.

Festival 25 Aniversario da ESMU de Ortigueira

25º Aniversario da Escola de Música Municipal de Ortigueira
Venres 27 de xuño, 19:00 h – Teatro da Beneficencia | Entrada de balde ata completar aforo

A Escola de Música Municipal de Ortigueira celebra neste 2025 o seu 25º aniversario, consolidándose como un proxecto educativo, artístico e social de referencia na comarca do Ortegal.

Desde a súa creación no ano 2000, a escola desenvolve un labor esencial para fomentar a afección musical entre a infancia e consolidala entre a poboación adulta, cun enfoque pedagóxico actualizado e adaptado ás necesidades de cada etapa. A formación musical comeza desde os 3 anos, e inclúe tanto ensinanza oficial como programas específicos para persoas adultas, cunha clara vocación de formación integral e inclusiva.

O impacto da Escola vai máis alá das aulas: proxectos como “Música para a Vida”, concertos polas parroquias, e o impulso de agrupacións como a Banda Xuvenil, os Coros, o Grupo Celta, de Rock, de Cámara ou Tradicional, amosan o seu carácter dinamizador e comunitario. Ademais, o profesorado desenvolveu materiais didácticos que hoxe son un referente en España e Latinoamérica.

A Escola tamén foi sede de congresos, concursos de composición e de novos intérpretes, e mesmo acolleu como sede á Banda Sinfónica de Galicia. Os vídeos dos nenos e nenas de Música e Movemento en Nadal chegaron a viralizarse, sumando a ESMU máis de 200.000 reproducións na súa canle de YouTube.

A oferta educativa abrangue áreas como Música e Movemento, Linguaxe Musical, Conxuntos instrumentais e vocais, Dirección, Harmonía, Análise e Historia da Música. Este curso 2024-2025 introducíronse tamén obradoiros de música tradicional en Senra e Loiba, ampliando o acceso á formación nas parroquias.

🎶 CONCERTO 25 ANIVERSARIO

venres 27 de xuño, ás 19:00 h no Teatro da Beneficencia, terá lugar o concerto conmemorativo do 25º aniversario, que xirará arredor da historia viva da Escola. Participará o alumnado actual, os grupos dos obradoiros, as agrupacións instrumentais e vocais, así como os conxuntos de música tradicional, percusión, guitarra, combo moderno e música e movemento.

Un concerto participativo, sorprendente e emotivo, pensado para toda a comunidade.

A entrada é de balde ata completar aforo. 

Rumba dos Mariñeiros

Ortigueira é Música – 2ª Tempada
Continúa a viaxe musical da Escola de Música Municipal de Ortigueira! Nesta nova tempada, cada xoves ás 19:00 horas traémosche historias, emocións e sons únicos da nosa terra. Coas voces do Coro, o Grupo Celta e outras agrupacións da escola, celebramos a cultura musical galega e universal.
📍 Dispoñible en ortigueiramusica.com, Spotify e Ivoox.
🎧 Episodios: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2025.

🎧 EP. 10 – Rumba dos Mariñeiros

A forza do mar, o salitre nas mans e o ritmo no corazón. Rumba dos Mariñeiros é unha peza que rende homenaxe ás xentes do mar, que día tras día fan da súa vida un oficio heroico. O Grupo Celta da Escola de Música Municipal de Ortigueira interpreta esta rumba con alegría e autenticidade, incorporando elementos do folclore galego con arranxos actuais, sen perder nunca a súa esencia popular.

 

Vals de Alén

Ortigueira é Música – 2ª Tempada
Continúa a viaxe musical da Escola de Música Municipal de Ortigueira! Nesta nova tempada, cada xoves ás 19:00 horas traémosche historias, emocións e sons únicos da nosa terra. Coas voces do Coro, o Grupo Celta e outras agrupacións da escola, celebramos a cultura musical galega e universal.
📍 Dispoñible en ortigueiramusica.com, Spotify e Ivoox.
🎧 Episodios: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2025.

🎧 EP. 9 – Vals de Alén

Neste episodio mergullámonos nunha composición que parece vir do outro lado do espello: Vals do Alén. A súa estrutura en compás ternario e os seus sons etéreos evocan un tránsito entre dous mundos: o real e o imaxinario, a vida e a morte. Unha proposta musical orixinal, cun forte compoñente emocional, que nos convida a bailar coas lembranzas e a abrazar o misterio. Unha viaxe sonora polo máis íntimo da alma.

Amazing Grace

Ortigueira é Música – 2ª Tempada
Continúa a viaxe musical da Escola de Música Municipal de Ortigueira! Nesta nova tempada, cada xoves ás 19:00 horas traémosche historias, emocións e sons únicos da nosa terra. Coas voces do Coro, o Grupo Celta e outras agrupacións da escola, celebramos a cultura musical galega e universal.
📍 Dispoñible en ortigueiramusica.com, Spotify e Ivoox.
🎧 Episodios: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2025.

🎧 EP. 8 – Amazing Grace

Comezamos a 2ª tempada cun dos himnos espirituais máis coñecidos do mundo. Amazing Grace, interpretado polo Coro da Escola de Música Municipal de Ortigueira, invítanos a reflexionar sobre o perdón, a esperanza e a redención a través dunha versión emotiva e chea de sentimento.

Chega a 2ª Tempada do podcast “Ortigueira é Música”

A Escola de Música Municipal de Ortigueira presenta a segunda tempada do seu podcast Ortigueira é Música, unha proposta sonora que combina música en directo, narración, divulgación cultural e moita emoción. Os novos episodios estarán dispoñibles todos os xoves ás 19:00 h, desde o 8 de maio ata o 12 de xuño, en ortigueiramusica.com, Ivoox, Spotify ou Youtube.

Cada entrega está protagonizada por interpretacións do Coro e o Grupo Celta da Escola de Música, acompañadas por pequenas historias e explicacións que contextualizan as pezas escollidas. A tempada aposta pola diversidade emocional e estilística, con repertorio que vai dende himnos espirituais ata danzas tradicionais galegas e europeas.

📅 Calendario da 2ª tempada:

  • Episodio 8Amazing Grace (8 de maio)

  • Episodio 9Vals do Alén (15 de maio)

  • Episodio 10Rumba dos Mariñeiros (22 de maio)

  • Episodio 11Hallelujah (29 de maio)

  • Episodio 12Laurendinha (5 de xuño)

  • Episodio 13Alegre Polka (12 de xuño)

A través deste proxecto, a Escola de Música reafirma o seu compromiso coa dinamización cultural e coa difusión da música feita en Ortigueira. O podcast está pensado tanto para o público local como para amantes da música de todo o mundo, e supón unha ponte entre xeracións e tradicións.

Podes escoitar aquí a 1ª Tempada: