Ortigueira Música

Ortigueira a ritmo de… Habanera!

ESP

En las tres primeras décadas del s. XX los emigrantes gallegos fueron protagonistas principales y motores de una renovación constructiva, tanto en el aspecto de los materiales como en los estilos artísticos y ornamentales.

El gallego cubano buscaba establecerse de nuevo en su tierra y para ello optaba, bien por construir una casa acorde con su nivel de vida, o bien por reparar la vivienda heredada de sus padres, ampliándola y mejorándola.

La arquitectura Indiana conlleva una preocupación por mejorar y embellecer el entorno social y traslada los estilos urbanos al medio rural.

Si bien este estilo arquitectónico se localiza en toda Galicia, Ortigueira es uno de los ayuntamientos en los que se extiende con mayor densidad, contando con un inventario de veinte viviendas y otros tantos escolares.

El Cantón reúne varios ejemplos de estas viviendas, construidas a finales del s. XIX y principios del XX. Casi todas ellas fueron residencia de la sociedad ortegana de la época, tanto de la que emigró para hacer fortuna, como de la burguesía local, y constituyeron el centro cultural y comercial de la villa.

Sus fachadas combinan modernismo, eclecticismo y estilo indiano.

GAL

Nas tres primeiras décadas do s. XX os emigrantes galegos foron protagonistas principais e motores dunha renovación construtiva, tanto no aspecto dos materiais como nos estilos artísticos e ornamentais.

O galego cubano buscaba establecerse de novo na súa terra e para iso optaba, ben por construír unha casa acorde co seu nivel de vida, ou ben por reparar a vivenda herdada dos seus pais, ampliándoa e mellorándoa.

A arquitectura Indiana supón unha preocupación por mellorar e embelecer a contorna social e traslada os estilos urbanos ao medio rural.

Aínda que este estilo arquitectónico localízase en toda Galicia, Ortigueira é un dos concellos nos que se estende con maior densidade, contando cun inventario de vinte vivendas e outros tantos escolares.

O Cantón reúne varios exemplos destas vivendas, construídas a finais do s. XIX e principios do XX. Case todas elas foron residencia da sociedade ortegana da época, tanto da que emigrou para facer fortuna, como da burguesía local, e constituíron o centro cultural e comercial da vila.

As súas fachadas combinan modernismo, eclecticismo e estilo indiano.

O Son dos Valores

O profesorado da Escola de Música , acaba de publicar baixo o sello de Amazon, un libro adicado a todo o alumnado da Escola de Música.

O Son dos Valores son un conxunto de relatos breves sobre a importancia da música en Ortigueira, e como os valores que se aprenden na escola de música poden ser aplicados na vida cotiá. As aventuras céntranse nun grupo de estudantes que descobren a súa paixón pola música e deciden estudar na ESMU ORTIGUEIRA. A través das súas experiencias na escola, aprenden non só habilidades musicais, senón tamén valores como o traballo en equipo, a perseveranza, a disciplina e a empatía.

Os relatos están ambientados na Escola de Música con personaxes imaxinarios, pero inspirados nas experiencias reais de estudantes e profesores. A música é unha linguaxe universal que pode unir ás persoas de diferentes culturas e antecedentes, e estas historias celebran esa diversidade cultural.

Editado e producido polo profesorado, será o agasallo que recibirá o alumnado que toque nas vindeiras actuacións de primavera.

O libro pódese atopar na plataforma, gratuitamente en versión kindle, e tamén en formato papel.